domingo, 18 de noviembre de 2012

PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR

Os puntos de encontro familiar son recursos que teñen como finalidade facilitar o cumplimento do réximen de visita e favorecer o dereito das crianzas a relacionarse cos dous proxenitores.

Estes centros estan basados nos seguintes principios:
  • Interese das persoas menores. En calquera situación na que non se chega a acordo de interese;sempre será prioritaria a seguridade e o benestar da persoa menor.
  • Voluntariedade. As actuacións destes puntos de encontro familiar só se poderán levar a cabo coa voluntariade das dúas partes, excepto cando se trate do estrito cumprimento dunha resolución xudicial.
  • Imparcialidade. Respectaranse e teranse en consideración todos os membros da familia obxecto de intervenciónevitando posicionamentos a favor de calquera membro da familia.
  • Neutralidade. Os puntos de encontro non estarán vinculados a ningún grupo ideolóxico, político ou relixioso. O equipo técnico non deixará influír nas súas intervencións os seus propios valores ou circunstancias persoais, actuando unicamente co fin de protexer o interese superior das crianzas.
  • Confidencialidade.nas intervencións que se realicen nos puntos de encontro familiar respectarase a confidencialidade , excepto naqueles casos dos que se deduza a existencia de condutas delictivas ou que poidan supor un risco para a seguridade das e dos menores e das mulleres que sofren violencia de xénero e da información requirida polos xulgados.
  • Non interferencia. As actuacións levadas a cabo polos puntos de encontro familiar respectarán outras intervencións efectuadas tanto por outros dispositivos de benestar social das que se puidesen beneficiar as persoas usuarias como polos órganos xudiciais.
  • Subsidiariedade e temporalidade. Este recurso utilizarase só cando sexa o único medio para facilitar as relacións entre as e os menores e a súa familia, e orientado sempre cara a normalización das relacións.
As páxinas de interes sobre este recurso son as seguintes:
http://www.larioja.org/npRioja/default/defaultpage.jsp?idtab=451241
http://www.consumer.es/web/es/salud/psicologia/2003/03/13/58940.php

No hay comentarios:

Publicar un comentario