domingo, 18 de noviembre de 2012

PUNTOS DE ENCONTRO FAMILIAR

Os puntos de encontro familiar son recursos que teñen como finalidade facilitar o cumplimento do réximen de visita e favorecer o dereito das crianzas a relacionarse cos dous proxenitores.

Estes centros estan basados nos seguintes principios:
  • Interese das persoas menores. En calquera situación na que non se chega a acordo de interese;sempre será prioritaria a seguridade e o benestar da persoa menor.
  • Voluntariedade. As actuacións destes puntos de encontro familiar só se poderán levar a cabo coa voluntariade das dúas partes, excepto cando se trate do estrito cumprimento dunha resolución xudicial.
  • Imparcialidade. Respectaranse e teranse en consideración todos os membros da familia obxecto de intervenciónevitando posicionamentos a favor de calquera membro da familia.
  • Neutralidade. Os puntos de encontro non estarán vinculados a ningún grupo ideolóxico, político ou relixioso. O equipo técnico non deixará influír nas súas intervencións os seus propios valores ou circunstancias persoais, actuando unicamente co fin de protexer o interese superior das crianzas.
  • Confidencialidade.nas intervencións que se realicen nos puntos de encontro familiar respectarase a confidencialidade , excepto naqueles casos dos que se deduza a existencia de condutas delictivas ou que poidan supor un risco para a seguridade das e dos menores e das mulleres que sofren violencia de xénero e da información requirida polos xulgados.
  • Non interferencia. As actuacións levadas a cabo polos puntos de encontro familiar respectarán outras intervencións efectuadas tanto por outros dispositivos de benestar social das que se puidesen beneficiar as persoas usuarias como polos órganos xudiciais.
  • Subsidiariedade e temporalidade. Este recurso utilizarase só cando sexa o único medio para facilitar as relacións entre as e os menores e a súa familia, e orientado sempre cara a normalización das relacións.
As páxinas de interes sobre este recurso son as seguintes:
http://www.larioja.org/npRioja/default/defaultpage.jsp?idtab=451241
http://www.consumer.es/web/es/salud/psicologia/2003/03/13/58940.php

RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

Estas residencias dedicadas  o gozo e tempo libre en familia son dependentes da onsellería de Traballo e Benestar, en Galicia contamos con duas  unha no Carballiño e outra en Nigran.
 Estas residencias ofertan:
  • Servizo de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, durante o tempo adxudicada ás persoas beneficiarias.
  • Servizo para non residentes: servizo de comedor para familiares e amigas/os das persoas residentes que veñan visitar a instalación.
A axudicación da plaza e mediante sorteo.

PROGRAMAS DE MEDIACIÓN FAMILIAR

A mediación familiar e un proceso mediante o cal se intenta resolver os conflictos e ofrecerlle unha solución pactada para a súa problemática.
Este programa ten os seguintes obxectivos:

  • Darlle á parella a oportunidade de separarse do xeito menos conflitivo posible
  • Axudar a parella a resolver por si mesma as diferencias respecto da súa separación para que tome as decisións máis axeitadas, f reducindo o risco de que as ou os menores se utilicen como moeda de cambio na negociación.
  • Conseguir acordos durareiros.


Este programa de Mediación Familiar compleméntase cunha liña de axudas económicas denominada Mediagal, que consiste na adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal establecido por sesión, ata un máximo de 6 sesións.

Para saber máis podemos acceder a seguinte ligazon:
http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=3


PROGRAMAS DE ATENCIÓN A FAMILIAS MONOPARENTAIS

Este programa esta destinado a familias con un solo proxenitor e fillos ou fillas menores a cargo.Ten como finalidade unha serie de obxectivos:



  1. Potenciar autonomía destas familias.
  2. Axudar a crianza das nenas e nenos.
  3. Favorecer a incorporación do proxenitor/a  a vida laboral.
  4. Promover a inserción e permanencia laboral das mulleres soas con responsabilidades familiares.
  5. Facilitar que estes proxenitores poidan participar na igualdade de oportunidades e dispoñan de tempo para realizar actividades.
  6. Prever situacións de risco social.

Podese buscar mais información nas seguintes ligazóns:
http://www.sgi.xunta.es 

PROGRAMAS PARA A EDUCACIÓN FAMILIAR

Son programas que pretenden detectar e anticiparse ás situacións de dificultade social, dotando ás familias das competencias necesarias que favorezan un axeitado exercicio das funcións familiares e faciliten procesos de autonomía, responsabilidade e participación social das persoas, grupos e comunidades. 

Estes programas son desenvoltos por técnicos especializados no traballo con familias.

viernes, 16 de noviembre de 2012

ESPAZOS FAMILIARES

É unha iniciativa catalana principalmente dirixida a menores de tres anos, na que se pretende ofertar un lugar para os menores onde podan compartir xoguetes, materais e actividades lúdicas cos seus pais e cos pais dos outros usuarios.
Este espazo esta pensando para que as familias poidan ver a maneira de relacionarse do neno e como establece esas relacións; ven sexa de modo informal ou a través das actividades.

SERVIZO DE CANGUROS

Este servizo pretende axudar a conciliar a vida laboral e familiar do usuario. Este servicio esta xestionado polo concello pero realizao unha empresa externa.
      As familias que deseen este servizo deben notificalo no concello con unha antelación mínima de 48 horas, o tempo que o tarda o concello en xestionalo.

Este servizo ten un máximo de 40 horas de servizo de canguros por familia o ano, posto que esta destinado para un feito puntual e non para o coidado de menores continuado.